As actividades de “Matemáticas Singapur” son actividades enfocadas a crear unha boa relación dos nenos e nenas coas matemáticas, fomentar o gusto por un estilo de aprendizaxe comprensivo das mesmas e poñer as bases de entendemento dos procesos subxacentes entre cantidades físicas e números.

Asimesmo, estas actividades ofrecen unha alternativa de ocio e tempo libre potenciando o desenvolvemento das habilidades e das capacidades dos nenos e nenas.

Está pensado para fomentar a lóxica matemática dos nenos e nenas, facendo que as matemáticas sexan algo cercano a súa realidade e non un conxunto de operacións sen sentido práctico.